Política de Cookies

Fariñas das Mariñas S.L. foi o promotor dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 400 kW nominais, co obxectivo de atinxir unha economía máis limpa e sustentábel a través do fomento da xeración distribuída e o autoconsumo enerxético.

Con dita instalación conséguese unha menor dependenza do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 175,85 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático.

Para a execución do proxecto, Fariñas das Mariñas S.L obtivo o apoio do programa de incentivos ligados a autoconsumo (C7:l1), con fontes de enerxía renovable, marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Ditos fondos, xestionados polo INEGA e coordinados polo IDAE, ascenderon a un importe de 67.875,00 €.